Os efectos iniciais da Covid-19 nas desigualdades de renda en Galicia e a súa distribución na sociedade
In: Revista Galega de Economía, Jg. 32 (2023-03-01), Heft 1
Online
academicJournal
Zugriff:
A pandemia da Covid-19 ten un efecto considerable nas desigualdades sociais. Este artigo ten como obxectivo identificar, medir e describir os cambios nas desigualdades de renda en Galicia despois da pandemia. Para isto, calcúlanse diferentes indicadores de desigualdade de renda que permiten analizar a súa evolución antes e despois da pandemia (2014-2020), considerando as diferentes fontes de ingreso. Os principais resultados poden sintetizarse en tres aspectos. Primeiro, a pandemia implica un incremento das desigualdades de renda en Galicia en 2020. Ademais, aumentaron as desigualdades segundo o sexo, a nacionalidade, a idade e o nivel de estudos dos compoñentes do fogar, así como as desigualdades territoriais. Finalmente, as prestacións sociais desempeñaron un papel relevante á hora de suavizar o efecto da pandemia nas desigualdades. Cómpre sinalar que este efecto é asimétrico, levando a que os fogares compostos por persoas máis novas se visen claramente menos protexidos que os de maior idade.
Titel: |
Os efectos iniciais da Covid-19 nas desigualdades de renda en Galicia e a súa distribución na sociedade
|
---|---|
Autor/in / Beteiligte Person: | José Manuel Amoedo ; María del Carmen Sánchez-Carreira |
Link: | |
Zeitschrift: | Revista Galega de Economía, Jg. 32 (2023-03-01), Heft 1 |
Veröffentlichung: | Universidade de Santiago de Compostela, 2023 |
Medientyp: | academicJournal |
ISSN: | 1132-2799 (print) ; 2255-5951 (print) |
DOI: | 10.15304/rge.32.1.8551 |
Schlagwort: |
|
Sonstiges: |
|